A review by helicuetaro
Fruits Basket #17 by Natsuki Takaya

3.0

TODO o que vou dicir son spoilers. Non me fago responsable de destrozar este manga

SpoilerSabíasabía que ía ocorrer isto, que de repente íamos ter un porrón de capítulos que explicaran un montón de cousas e tócame as narices. É que os mangakas non fan escaletas? Non planifican? Entendo que un manga ao principio é publicado por páxinas e supoño que haberá como 200 técnicas de marketing detrás se un manga é un éxito o un fracaso absoluto; tamén que quizáis a autora ocorreuse algo máis interesante pra facer pero é que non me gusta ☹️ Son unha tiquismiquis e, definitamente non sabería facelo mellor, pero unha pódese queixar todo o que queira.

Non me gustou un carallo todo esto de Akito en realidade é unha muller. Antes se asumía que era un home se se acostaba con toda a familia pois estaba fatal porque era un bully e eses relacións están mal porque son gays, pero agora que se descrubre que é unha muller, teñolle que ter pena? teño que simpatizar? por que? por que a súa nai está un pouquito trillada? por que ten traumas? Sintocho, pero só porque sufriches abuso non che da carta branca pra ser unha abusadora. O máis absurdo de todo isto é que Shigure está enamorado (e ao mesmo tempo non) desta persoa? POR QUE? COMO? Odio esta trama e espero que non teña un final feliz, se o ten espero que se disculpe como é debido con todo o mundo e vaia a terapia.

Como que "simplemente desapareceu" o estúpido vínculo ancestral?! Como que non sabes?! Xuro por deus que como *ocurran* máxicamente a desaparición dos vínculos da familia vou gritar moi forte e quemarei unha estatua de tódolos animais do zodíaco chinés ☹️